O BNG demanda premura e responsabilidade para ter a piscina municipal aberta con todas as garantías

A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, ven de denunciar que se están a incumprir os requisitos de mantemento, trasladados pola empresa encargada do arranxo do vaso da piscina grande do municipio, unha vez acometidos os traballos de reparación que custaron 97.933,36 €.

O concello do Carballiño investiu case100.000€ no arranxo do vaso da piscina grande con “Liner”, un elemento que para o seu mantemento unha vez posto é preciso que a piscina se encha para que non se vexa exposto á intemperie, polo deterioro que pode chegar a padecer e conlevar á perda dos fondos públicos investidos para a súa posta a punto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, a voceira do BNG advirte que a  pouco máis de 20 días para a apertura das instalacións municipais estas aínda presentan un deterioro evidente, froito en boa medida da falta de mantemento axeitado.

” A zona de praia presenta grava solta, o que representa un perigo sobre todos para os máis cativos de non solucionarse correctamente” indicou García, ” arranxos que non serían precisos de ter un mantemento axeitado”

Estando a finais de maio, e sen trazas de que se vaia acometer ningún arranxo que é preciso, nin comezasen os traballos de acondicionamento das instalacións,  non o valoramos axeitado tendo en conta o actual estado das piscinas.

Por isto demandamos desde o BNG premura e responsabilidade na xestión municipal para ter as instalacións abertas en tempo e forma,sobre todo cando perigan inversións tan importantes  e hai desperfectos que non se poden solucionar dun día para outro.