A Deputación colabora no XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”

-11.00 horas: Presentación do XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participa na presentación do XII Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”, organizado polo Círculo Poético Ourensán co apoio da administración provincial. No acto tamén intervirán o presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade; a secretaria do Círculo Poético Ourensán, María González; a poeta mexicana Nadia Arce, e o xerente do Centro Comercial Ponte Vella, Marcos Vila. Lugar: Sala de Prensa da Deputación. O acto poderase seguir en directo a través da web da Deputación.
IES CHAMOSO LAMAS

Baixo o lema “Máis poesía e menos guerra!”, este encontro organizado polo Círculo Poético Ourensán programará actividades culturais o 3, 4 e 5 de xuño, coa presenza de poetas mexicanos, portugueses e españois

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, felicitou ao Círculo Poético pola súa actividade reivindicando a poesía e resaltou a importancia da “colaboración público-privada para acadar os obxectivos dun xeito máis sinxelo”

HIPER MASIDE

“Máis aló do económico, a Deputación está para axudarnos en calquera cousa que necesitamos”, agradeceu o presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade

Coa participación de poetas de México, Portugal e España, regresa unha nova edición do Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”. O acto de presentación da duodécima edición deste encontro, que ten o lema “Máis poesía e menos guerras!”, tivo lugar no Pazo Provincial e contou coa presencia do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade; a secretaria do Círculo Poético Ourensán, María González; a poeta mexicana Nadia Arce -que participará nas xornadas-, e o xerente do Centro Comercial Ponte Vella, Marcos Vila.

Este encontro está organizado polo Círculo Poético Ourensán e conta coa colaboración da institución provincial. “Unha conxunción público-privada, facendo que os obxectivos sexan moito máis fáciles e poidan cumprirse de maneira moito máis eficiente”, segundo palabras do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández. Destacou, así mesmo, que “todo o que ten que ver con poesía en Ourense, aí atópase presente o Círculo Poético Ourensán, celebrando xuntos estes 12 anos de poesía.” 

O Centro Comercial Ponte Vella agradeceu, en palabras de Marcos Vila, a oportunidade de aportar na medida do posible nestes encontros “para que cada ano vaia a máis, defendendo a cultura da “Atenas de Galicia”. “En calquera tipo de iniciativa que promocione tanto a cultura como o deporte da cidade e a provincia”, sinalou Vila, “para o centro comercial Ponte Vella é un orgullo e unha honra poder colaborar co Circulo Poético na realización destes encontros”.

“Máis aló do económico, a Deputación está para axudarnos en calquera cousa que necesitamos, preparando xuntos os martes de cada mes os encontros poéticos” destacou o presidente da Asociación Cultural Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade. Os escolares terán un gran protagonismo durante as xornadas polo que “Dende o Círculo Poético quixemos que o primeiro acto destes encontros sexa que os poetas visiten os centros escolares para que estean cos rapaces e rapazas de Ourense e que os poetas coñezan a nosa cidade para facer ourensanía e que nos visiten nun futuro de novo”. 

A secretaria do Círculo Poético, manifestou o seu orgullo pola realización deste encontro adicado a un “gran poeta, e que foi importante para esta cidade”, e que permite ademais “achegar a poesía a todos os que se achegan a nos, en especial os rapaces e rapazas, que son un elemento moi importante para nós”.

No acto interveu tamén Nadia Arce, unha das participantes destes encontros poéticos, que visitou nestes días por primeira vez a cidade e provincia de Ourense, mostrándose conmovida polo cariño recibido: “Cada día é máxico, nunha cultura que me encanta”. Arce destacou a receptividade dos escolares cos que xa mantivo un encontro literario: “Foi entrañable, cun entusiasmo que realmente me emocionou”. 

Un fin de semana cunha completa programación cultural

Estas xornadas, que terán lugar dos días 3 a 5 de xuño, contarán coa presencia dos poetas Nadia Arce -México-, Antonio Luis Oliveira e Rosa Oliveira -Portugal-, Patricia Cortés -Málaga- e autores pertencentes o Círculo Poético Ourensán. 

Os rapaces e rapazas serán os grandes protagonistas da primeira xornada, xa que o 3 de xuño os poetas achegaranse a varios centros escolares da cidade para recitar con eles poesía e realizar un debate. Esa mesma tarde, a explanada do centro comercial Ponte Vella acollerá un espectáculo de poesía cun acompañamento musical a cargo do grupo ourensán La Dama de Gris.

O sábado día 4 de xuño, a poesía será a protagonista do centro da cidade, xa que dende as 11.30 horas os diversos poetas participantes percorrerán o centro da capital provincial e deteranse nos lugares máis emblemáticos do casco histórico da mesma para achegar a poesía a toda a poboación ourensá. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, no Restaurante Coto, os alumnos e alumnas gañadores do concurso de poesía para escolares de primaria e ESO da cidade de Ourense participarán nuns intercambios poéticos cós participantes do encontro a través de diversas mesas de lectura.

E o domingo 5, os participantes visitarán a Ribeira Sacra, descubrindo os tesouros dun dos lugares máis singulares de Galicia, percorrendo diferentes puntos desta e realizando durante a súa visita un recital de poesía  que porá o punto e final ao Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio”, que durante o ano 2021 non puido levarse a cabo pola complicada situación sanitaria.