Cenlle acolle unha gran participación na súa XI andaina solidaria

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Cenlle celebrou o domingo a súa andaina solidaria, que cumpre este ano o seu 11º aniversario “Camiñando polo Autismo”. Despois de dous anos de pandemia, volven as actividades, e con elas moita xente desexando desfrutalas de novo, como foi o caso de onte, cunha participación de case 450 persoas.

Esta andaina, xa tradicional, conta sempre cunha gran participación. Acude xente por colaborar cunha causa solidaria, ou por facer a ruta polas mellores paisaxes deste municipio. Aínda que tamén hai xente que se ve tocada de cerca por este problema e agradecen que haxa tanta xente con gañas de colaborar.

HIPER MASIDE