O Carballiño baixa case unha trintena de contaxios nesta fin de semana, ata o total de 333 casos

IES CHAMOSO LAMAS

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 333 casos activos, 29 casos menos nesta fin de semana. Boborás baixa ata os 37 casos. Maside sobe ata os 46. Cea baixa ata os 21 casos. Punxín sube ata os 24 casos. San Amaro sobe ós 19 casos e Piñor baixa ata os 12 casos. O Irixo sobe un caso ata os 11 e Beariz mantén os 6 positivos.

No Ribeiro, Ribadavia baixa 14 casos ata os 133 casos activos. Cortegada baixa nove casos ata os 38 casos activos. Carballeda de Avia baixa ata os 29. Leiro sobe ós 32. Arnoia baixa ós 23 casos. Avión sobe ós 19 casos. Melón sobe ós 14 casos e Castrelo de Miño baixa ós 11 casos. Cenlle baixa ós 10 casos. Beade mantén 4 casos.

HIPER MASIDE

A comunidade galega rexistra hoxe 4.337 contaxios. O número de casos activos volve a descender hoxe ata os 71.376. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 47 (-6) están en UCI e 582 (+75) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 437 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais volven baixar ata os 7.350 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 80 (+13) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (-1)  na UCI.