O Inorde promocionará os sectores turístico e gandeiro na feira Semana Verde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este organismo provincial aproveitará o escaparate que brinda o Salón de Turexpo para dar a coñecer os dous itinerarios xacobeos oficias da provincia de Ourense: Vía da Prata e Camiño de Inverno

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, participará co programa de recuperación das razas autóctonas coa exposición de exemplares de porco celta, na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que chega a súa 44ª edición desde hoxe ata o 5 de xuño en Silleda

O Inorde estará promocionando dúas das súas liñas principais de traballo: turismo e sector primario, durante a celebración da 44ª edición da Feira Internacional Abanca Verde de Galicia, que se celebrará do 2 ao 5 de xuño en Silleda, converténdose nun gran certame multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular.

Por un lado, o Inorde aproveitará o escaparate que brinda o Salón Turexpo para achegar aos visitantes durante estes días, os itinerarios xacobeos oficiais da provincia de Ourense: Vía da Prata e Camiño de Inverno. Esta participación realizarase a través do proxecto europeo “Caminos Jacobeos del Oeste Peninsular”, compartindo espazo con outros dous socios do proxecto que son a Deputación de Badaxoz e Turismo Centro Portugal.

Ademais de promocionar o Camiño, está prevista a participación nun workshop que se celebrará os días 2 e 3 de xuño, dando a coñecer os recursos turísticos destes dous itinerarios Xacobeos a preto de trinta touroperadores. “Con esta iniciativa pretendemos impulsar estes dous Camiños que pasan pola nosa provincia, aproveitando este Dobre Ano Santo e a chegada da Alta Velocidade, para atraer a máis peregrinos e viaxeiros ao noso territorio que ofrece patrimonio, natureza, termalismo e enogastronomía”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Por outro lado, o Inorde tamén estará presente na semana Verde de Galicia co seu programa de razas autóctonas para dar a coñecer o labor que realiza este organismo a prol da recuperación das mesmas. Nesta ocasión, exporanse exemplares de porco cela para dar soporte á asociación Asoporcel que promove na nosa Comunidade a recuperación desta raza.