A Garda Civil investiga a un presunto autor de delito de seguridade viaria e a outro por tenencia de cocaína

A Garda Civil do Carballiño tomou declaración en calidade de investigado a un veciño deste municipio de 68 anos como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O veciño foi sorprendido conducindo un vehículo no termo municipal de Boborás coa perda da validez do seu carné e a perda total de puntos.

A Garda Civil detivo a un veciño de Santa Cruz de Arrabaldo como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado 6 de xuño en Casardomato, Punxín, no que se viron afectadas 0,13 hectáreas de monte raso. O detido levaba dous chisqueiros e ofrecía unha versión incoherente do inicio do lume.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Garda Civil do Carballiño detivo un veciño do municipio de 37 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras incautarlle 11 gramos de cocaína envoltos nunha bolsa dentro dun sobre escondido na súa roupa interior. O detido foi interceptado nunha rúa da localidade.