O Pazo dos Deportes reunirá este fin de semana a máis de 500 deportistas no Campionato de España de Trampolín

Presentación do Campionato de España individual e de clubes de Trampolín a celebrar no Pazo dos Deportes "Paco Paz" os próximos 10, 11 e 12 de Xuño. Asisiten Rosendo Fernández, VicePresidente da Deputación Ourense; Manuel Pérez González, xefe territorial de deportes da Xunta en Ourense; José Manuel Estévez Feijoo, Presidente da Federación Galega de Ximnasia; Cristina Sanchez Martínez, secretaria técnica da Federación Española de Ximnasia e Covadonga Menéndez García, secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia.

Os participantes proceden de 74 clubs de toda España, encabezando Ourense a delegación galega con máis de 60 deportistas

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da X edición do Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín, que conta co apoio da Deputación de Ourense e que se celebrará durante todo este fin de semana no Pazo dos Deportes Paco Paz. O vicepresidente primeiro estivo acompañado polo delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; a secretaria xeral da Federación Galega de Ximnasia, Cristina Sánchez e Covadonga Menéndez, en representación da Real Federación Española de Ximnasia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A delegación galega estará encabezada por clubs ourensáns

O Campionato de España individual e clubs e nacional base de Trampolín celebrarase por segunda vez consecutiva no Pazo dos Deportes, contando nesta edición coa presencia de máis de 500 deportistas procedentes de 74 clubs distintos que proveñen de todas as comunidades de España, para competir nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín e sincronismo. 

Ademais, aqueles participantes que compitan na categoría de élite aspirarán a unha bolsa que concederá Divina Seguros, patrocinadora da proba.

Neste Campionato de España destaca especialmente a participación dos deportistas galegos, que serán a terceira delegación máis numerosa, so por detrás dos ximnastas de Madrid e Castela e León. Ourense, pola súa banda, encabezará á delegación galega grazas ós máis de 60 participantes que competirán por  clubs da cidade.