A Oferta Pública de Emprego non suporá un incremento notable para as arcas municipais

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Carballiño, como os demais da contorna, deberá regular por lei este ano o plantel de contratacións, para o que porán en marcha a Oferta Pública de Emprego, na que se deberán cubrir a totalidade das prazas. Para poder sacalo adiante, o concello está mantendo contacto cos sindicatos, para chegar a un acordo unánime do procedemento. O alcalde, Francisco Fumega, destaca que estas novas contratacións non suporán un incremento notable ás arcas, xa que a administración xa tiña orzamentadas case a totalidade dos postos, cunha contía que supera os 4 millóns de euros dos presupostos municipais.

O principal cambio que suporía esta oferta pública sería na estabilidade laboral dos traballadores municipais, xa que con esta regulación, agora obrigatoria, pasaría a ser persoal fixo. No aspecto económico, xa esta contemplado na inversión feita ata o de agora.

OZOCOgz Deseño Galego