Os alumnos de 3º de primaria do Vila do Arenteiro inauguran unha exposición sobre o universo

IES CHAMOSO LAMAS

Os alumnos de terceiro de primaria do centro Vila do Arenteiro elaboraron unha exposición sobre o universo, o espazo e o sistema solar dentro da asignatura de Ciencias Sociais. Foi un traballo de todo o curso e feito polo propios nenos, en pequenos grupos. Entre as cousas representadas están feitos históricos como a chegada do home á Lúa. Os máis pequenos volcáronse co proxecto, tanto en horas de clase coma nos recreos, utilizando ademais materiais reciclados. Hoxe estivemos na súa inauguración do seu gran proxecto.