Espazo Común presentou 62 alegacións aos orzamentos do Carballiño e considera que ten que haber menos festa e autobomo e máis atención á realidade social

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

COMUNICADO DE ESPAZO COMÚN

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A pesares do nulo respecto do goberno de Fumega e a súa maoría absoluta pola oposición, elaboramos un documento tentando corrixir uns orzamentos que o mesmo alcalde recoñeceu “ que son os de sempre”.

O absurdo de levar a termo unha modificación orzamentaria en pleno período de alegacións desvirtúa novamente un procedemento.

O goberno do Carballiño ríse da democracia e da oposición unha e outra vez.

Espazo Común vén de presentar unha batería de 62 alegacións á proposta de orzamentos feita polo Grupo Municipal do PSOE no goberno do Carballiño e “defendida” polo alcalde Fumega.

O obxectivo é darlle unha volta importante ás contas municipais para que se axusten moito máis a unha  realidade social que dende a alcaldía semellan decididos a tapar con orquestras e charangas. Trátase dunha proposta de case 11 millóns de euros que esquece por completo obrigas coma o traballo na conciliación da vida familiar e laboral, a recuperación de sectores castigados pola pandemia coma o comercio ou a existencia dunhas parroquias rurais que quedan case esquecidas.

Nestas alegacións, pretendemos reequilibrar unhas contas absurdas e que foron calificadas no pleno da aprobación inicial coma “as de sempre” polo propio rexedor. O desleixo non pode ser maior.

Certo é que a situción absurda provocada pola ilóxica aprobación dunha modificación de crédito amparada na maioría absoluta do PSOE en pleno período de alegacións, altera totalmente o espírito destas e pasa por ser unha das xogadas suxas máis evidentes vistas no Concello do Carballiño en moitos anos.

Denota ben ás claras a falla de respecto dun Fumega que se rí unha e outra vez da oposición e da democracia cun cínico sorriso namentres impide por tódolos medios que poidamos facer o noso traballo.

En calquer caso, estas estrataxemas non van mudar a dinámica de traballo e de esforzo do Grupo Municipal de Espazo Común. Pese a quen pese, imos seguir a loitar por mellorar o pobo e, aínda que nolo poñan case imposible, o funcionamento do Concello do Carballiño.

ALEGACIÓNS PRESENTADAS PREMER NA IMAXE