Educación confirma que se manterá a escolarización de nen@s de 3 anos no Colexio do Campo da Feira

En principio, farase mediante a fórmula dun aula mixta con nenos de 3 e 4 anos.

Acadado o principal obxectivo desta Plataforma, a seguinte meta é traballar durante todo o ano para aumentar o número de matrículas de cara ao curso 23/24 e garantir as tres aulas de infantil.

AVANTAR ACTIVIDADES

Finalmente foi confirmado pola Xunta de Galicia que, para o vindeiro curso 22/23, manterase a posibilidade de que nenos e nenas de 3 anos que comecen o seu periplo escolar poidan facelo no edificio do Campo da Feira.

Este era o principal obxectivo da Plataforma Cidadá O Campo da Feira NON SE PECHA, creada hai pouco máis dun mes despois de ter coñecemento da intención de pechar a aula dos máis pequenos de Infantil para o vindeiro ano.

Podemos falar, polo tanto, dun rotundo éxito, baseado sobre todo no esplendido apoio por parte da cidadanía do Carballiño e de todo o tecido social do pobo.

Sen embargo, tamén é certo que aínda queda moito traballo por facer pois toca facer un gran esforzo para revertir a situación sobrevida e acadar que o centro público Calvo Sotelo e os seus tres edificios volten a ser a referencia do ensino na comarca e non se repita no futuro a intención de pechar ningún dos edificios que o compoñen.

Para iso dárase traslado ao Consello Escolar da necesidade de que todos eles conten coas mesmas posibilidades en canto a servizos, sobre todo no tocante á conciliación.

Tamén consideramos fundamental informar de que xa está aberto o prazo de formalización de matrícula que abarcará do día 20 de xuño ata o día 30 deste mesmo mes.