Alex García, do Club Ciclista Carballiño, campión galego de XCO en categoría cadete

Onte celebrouse en Maceda o Campionato Galego de XCO. O corredor do Club Ciclista Carballiño, Alex, García, xa con moi bos resultados nas últimas fins de semana, impuxo o seu ritmo dende o inicio da proba, acadando o seu primeiro título da tempada, o de campión galego de XCO en categoría cadete.

Na mesma categoría, Ivan Rey remataba no posto 32° mentres que Miguel Panadeiros o facía no 9° posto en categoría junior.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende aquí a nosa noraboa para estes campións.