A Macomunidade do Carballiño súmase o convenio de acompañamento dixital

-13.00 horas: Sinatura do convenio “Administración con acompañamento dixital”.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asina o primeiro convenio “Administración con acompañamento dixital” cos alcaldes dos concellos ourensáns xa adheridos a este programa (A Bola; Calvos de Randín; Entrimo; Lobeira; Mancomunidade do Carballiño; Pereiro de Aguiar; Padrenda; Petín; Rios; Sarreaus; Trasmiras; Xinzo de Limia; A Pobra de Trives; Barbadás) deseñado pola Área de Benestar do goberno provincial para loitar contra a exclusión dixital. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e as alcaldesas e alcaldes en representación de vinte concellos da provincia asinaron esta mañá o primeiro convenio de “Administración con acompañamento dixital”, polo que a cidadanía sen habilidades ou acceso ás novas tecnoloxías poderá solicitar desde os servizos sociais do seu propio concello as axudas e servizos que ofrece a área de Benestar da Deputación. “Cero papel, cero quilómetros, cero desprazamento e cero exclusión dixital”, dixo Manuel Baltar resumido así a filosofía deste plan.

A sinatura do convenio tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde o presidente da Deputación estivo acompañado pola deputada de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais, Luz Doporto, e mailo responsable da área de Benestar, José Juan Cerdeira. Os concellos asinantes foron Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Entrimo, Lobeira, Lobios, Padrenda, Pereiro de Aguiar, Petín, Pobra de Trives, Sarreaus, Riós, Trasmiras e Xinzo de Limia, así como outros cinco de modo indirecto -Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro- a través da Mancomunidade do Carballiño. Outros 30 concellos da provincia, segundo a área de Benestar, xa manifestaron o seu interese por incorporarse a este programa.

HIPER MASIDE

Manuel Baltar agradeceu a presenza das alcaldesas e alcaldes nun acto “realmente importante, porque isto é cooperación e vai na andaina de prestar os mellores servizos públicos ás persoas e colectivos en risco de exclusión dixital”. Grazas a este convenio, destacou, “moitos veciños dos concellos asinantes poderán presentar as solicitudes de axudas sociais sen ter que desprazarse ata a capital, sen papeis, sen necesidade de que saiban ou poidan utilizar a administración electrónica, é dicir, sen discriminar a ninguén dixitalmente”.

Atención persoal con tratamento dixital

A veciñanza, subliñou Manuel Baltar, será atendida no seu concello “pero como se a solicitude fose tramitada pola administración electrónica, unindo atención persoal con tratamento dixital”. Neste sentido e para avaliar a importancia deste proxecto puxo como exemplo as tramitacións xestionadas para o programa Chegou de fomento á natalidade: “Entre o ano 2021 e o primeiro semestre de 2022, un de cada cinco solicitantes tivo que acudir desde o seu municipio de residencia á sede da área de Benestar, no edificio de Correos da capital”.

O programa comezará a funcionar o próximo venres, 1 de xullo, e nesta semana un total de 34 técnicos municipais dos concellos asinantes serán dados de alta no sistema de acompañamento dixital. Así quedarán acreditados para cumprimentar dixitalmente as solicitudes, imprimilas e axudar ao cidadán para que as presente fisicamente no rexistro electrónico do seu municipio.