A concellería de cultura anuncia o concerto de Heredeiros da Crus para o día 22 de xullo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 16 de setembro de 2004 os Heredeiros da Crus actuaron no Carballiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Anunciamos o concerto de Heredeiros da Crus para o día 22 de xullo, venres, no Carballiño.O concerto comezará ás 00,00 h e previamente, ás 23h, actuarán como teloneiros o grupo carballiñés The Impossiblues, que na actualidade se atopa inmerso nunha xira por toda Galicia. 
O concerto de Heredeiros da Crus no Carballiño será o único que ofrecerá a banda na provincia de Ourense, algo que levaban agardando dende hai tempo os seguidores do grupo, polo que se agarda moita afluencia nesa xornada.  

Por outra beira,o Concello do Carballiño aposta este ano por levar a cabo o festival de música Feito no Carballiño a varias rúas e días,durante esta época  estival. Tamén a participación , como teloneiros, do grupo local The Impossiblues, seguro que vai supoñer un importante empurrón na súa carreira. 

Enlace dun video do grupo The impossiblues