O Club Ciclista Carballiño competiu esta fin de semana en Cuntis

IES CHAMOSO LAMAS

Esta fin de semana, o Club Ciclista Carballiño desprazábase ata Cuntis, para a súa primeira BTT. En infantís, Marcos Rodríguez acadaba un 2° posto; en alevín Feminino Leonor Mouriño era 15; en Alevin B, Luis Taboada tiña que abandonar despois de sufrir unha caída, afortunadamente sen consecuencias. En Principiate A, Manuel Mouriño era 12°e en Promesa Fem., Clara Mouriño acadaba o 10° posto.

Alex García imponse en Cuntis, penúltima proba da Copa Galicia de XCO, co que se asegura matematicamente o PRIMEIRO POSTO en Cat. CADETE. Iván Rey, na mesma categoría, remataba en 22a posición. En cat. Junior, Miguel Panadeiros rozaba o podium, rematando en 4a posición.

OZOCOgz Deseño Galego