A Xunta apraza a ‘Xuntanza de maiores’ do Carballiño debido ás elevadas temperaturas previstas. Será o 15 de setembro

A decisión adóptase seguindo as recomendacións sanitarias e para garantir a seguridade e saúde das persoas que desexaban asistir ao encontro

Buscarase unha data alternativa para desenvolver o evento

AVANTAR ACTIVIDADES

A Xunta de Galicia pospón a celebración da 42ª edición da Xuntanza de maiores do Carballiño, inicialmente prevista para o vindeiro sábado 16, debido ás elevadas temperaturas que se rexistrarán esta data e que poden acadar máximas de 38 graos, segundo as predicións de MeteoGalicia. Esta decisión adóptase seguindo as recomendacións sanitarias e para garantir tanto a seguridade como a saúde das persoas que desexaban asistir ao encontro.

A Consellería de Política Social e Xuventude, organizadora do evento, lamenta este aprazamento. Pero esta é unha medida prudente e necesaria ante a vaga de calor que está a acontecer estes días e que en Ourense acadou temperaturas récord por enriba dos 40º.

Desde a Consellería buscarase outra data alternativa para levar a cabo esta tradicional Xuntanza de maiores, coa que se pretende poñer en valor o envellecemento activo e impulsar a oferta de ocio e lecer das persoas de máis idade.