A Xunta xa ten dispoñible a autocita de vacinación covid para primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en diante

Para o doutor Martín Nogueira, non debemos relaxarnos, e debemos evitar aínda sendo un contacto, a difusión do virus.

A Xunta de Galicia terá dispoñible a autocita para a vacinación covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordos de 18 anos en diante. A cita previa pódese realizar a través da páxina web do Sergas (www.sergas.es), ou a través da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881 54 00 45.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto unha persoa cumpra os criterios e entre na campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode solicitar cita previa.

Con respecto ós contaxios, Galicia mantén estabilizada a cifra, baixando cada día, ata os 13.865 casos totais de hoxe. Deles, 2.049 son da provincia de Ourense. A día de hoxe, xa non hai restricións que limiten a realización de actividades aínda que unha persoa estea contaxiada.