Tranquilidade entre os veciños de concellos limítrofes dende que o goberno autorizara a mobilidade entre eles

A ampliación da mobilidade é unha demanda contínua do presidente da Xunta e tamén de moitos rexedores de municipios limítrofes. Destacaba o caso do de Cortegada que está a menos dun quilómetro da parroquia de San Pedro de Filgueira do municipio de Crecente, xa na provincia de Pontevedra.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Algún dos seus veciños xa foron multados por ir a Cortegada a facer a compra ou ir ao médico ou ao banco. E sucederonse así situacións cando menos estranas, de veciños, por exemplo, multados por repostar o vehículo nunha gasolineira que a pesar de estar a menos dun quilómetro do municipio xa pertencía a outra provincia.

O BOE desta fin de semana recolle a permisión da mobilidade interterritorial entre municipios colindantes de tránsito habitual para a realización de actividades socioeconómicas. O que flexibiliza a mobilidade a concellos coma Beariz, Cea, O Irixo, Piñor, Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Cortegada, Melón e Ribadavia.