A Deputación contribúe á dinamización sociocultural e á mellora de infraestruturas en Riós

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Riós, Eva Barrio: “Un encontro frutífero, grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa, sempre formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza”

“Desde a miña chegada á alcaldía síntome totalmente apoiada”, asegura a rexedora, que pon en valor “a implicación que demostra sempre o presidente da Deputación co concello”

HIPER MASIDE

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo unha reunión no Pazo Provincial coa alcaldesa de Riós, Eva Barrio, coa que pechou novas vías de colaboración que se traducirán en achegas para a dinamización sociocultural do concello e a mellora de infraestruturas en núcleos de poboación do municipio. 

“Un encontro frutífero”, valorou Manuel Baltar, “grazas ao compromiso de representantes públicos como a alcaldesa de Riós, que sempre están formulando propostas para a mellora da calidade de vida da veciñanza”. Un traballo “que apoiamos con decisión desde o goberno provincial, como aliados que somos no desenvolvemento económico e social dos nosos concellos”, afirmou Manuel Baltar.

“Desde a miña chegada á alcaldía síntome totalmente apoiada”, asegurou pola súa banda Eva Barrio, que puxo en valor “a implicación que demostra sempre o presidente do goberno provincial con Riós”. Un apoio que definiu como “importantísimo para un concello como o noso e nun contexto de crise que tamén limita os nosos recursos”. 

As novas liñas de cooperación concretadas entre Deputación e o Concello de Riós contribuirán a desenvolver novas actividades no municipio e para avanzar na mellora de infraestruturas públicas fundamentais para os veciños.