Mañá, o concello do Carballiño celebrará a última sesión plenaria antes da vacacións

A corporación do concello do Carballiño reunirase mañá en sesión plenaria, a última antes das vacacións de verán, retomando a actualidade política no próximo mes de setembro. A sesión dará comezo ás 09:30 horas, e poderá seguirse en directo a través das nosas canles. Hoxe falamos sobre os puntos da orde do día co portavoz do goberno, Diego Fernández.

En primeiro lugar, debaterase a moción do BNG na que piden axilizar os trámites para a creación dun plan municipal de conciliación. A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, considera que o desleixo do equipo de goberno só está agravando a incertidume das familias, que a pouco máis dun mes do inicio do novo curso deben facer previsión de con que servizos públicos poderán contar. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte de Espazo Común levan dúas mocións. A primeira delas pide que se introduzan melloras urxentes no proxecto da estación intermodal, e a segunda, na que piden que se elabore un plan municipal contra incendios.

Por parte do Partido Popular tamén van dúas mocións. Unha na que piden que se xestione a retirada de vertedoiros incontrolados e outra que piden a construción dun encoro para a captación de augas.