A Policía toma declaración a un mozo e identifica a 18 por unha festa ilegal en Beariz

A madrugada do 31 de xullo, unha patrulla do posto de Beariz sorprende a unhas 50 persoas celebrando unha festa ilegal, nesa vila, nunha casa en construción, equipada con equipo de música e luces. En presenza da Policía, moitos dos presentes fuxiron. Algúns causaron danos nos vehículos estacionados nas inmediacións. A patrulla toma declaración como investigada por un delito de danos a unha persoa, veciño de Avión, de 24 anos, e identifica a 18 persoas incumprindo as normas sanitarias.