Donald Trump anunciou este mércores a suspensión de todos os voos desde Estados Unidos e Europa durante un período de trinta días, unha medida extraordinaria que entrará en vigor a partir da medianoite do venres, como parte dos novos esforzos que está a facer o seu goberno para frear a expansión da epidemia de coronavirus.
O xefe da Casa Branca dixo que a suspensión non afectará os voos entre o seu país e o Reino Unido e tamén adiantou que haberá “certas excepcións” para aqueles estadounidenses que se someteron “ás revisións correspondentes”, sen ofrecer máis detalles.