Os equipos base do C.D. Arenteiro abren mañá o prazo de inscrición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o C.D. Arenteiro, a través dun comunicado, informan que a partir de mañá xoves, día 4, abren a inscrición para todas as categorías da súa base, tanto femininas como masculinas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os adestramentos do fútbol feminino comezarán na semana do 10 de agosto, a próxima; e fútbol 11 masculino comezarán na semana do 16 de agosto e fútbol 8, na semana do 5 de setembro, todos eles no campo municipal da Uceira.

Para realizar a inscrición, atoparán unha folla de preinscrición na páxina oficial do club e deben entregala na oficina de deportes do concello do Carballiño, de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.