Nota informativa do Bng: ” Ribadavia volta ser vítima dos recortes educativos da Xunta”

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-260722-0002_gl.pdf

A Consellería de Educación ven de ordenar que para o vindeiro curso 2022-2023, o CEIP de Ribadavia conte cunha unidade menos de educación infantil. De se aplicar, perderase tamén unha mestra de infantil. Así se dispón na orde pola que se “modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial” que ven de ser publicada no DOG de onte 12 de agosto. 
Ribadavia padece os recortes do PP á fronte do goberno galego:

AVANTAR ACTIVIDADES

– 2011, desaparición do IES Abrente e peche do Bacharelato e do ciclo medio de FP en Administración que alí se impartían.

– 2014, supresión da aula de infantil no colexio de Francelos do CRA Amencer

– 2017, desaparición do CPI Tomás de Lemos que conleva a supresión da ESO neste centro que pasa a denominarse CEIP de Ribadavia, co traumático traslado de profesorado e alumnado de secundaria ao IES O Ribeiro.

– 2019, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

– 2020, peche do colexio da Alameda do CEIP de Ribadavia

– 2021, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

– 2022, supresión dunha aula de infantil no CEIP de Ribadavia

Paralelamente, o persoal docente do CEIP de Ribadavia reduciuse en catro mestras entre 2019 e o vindeiro curso 2022-2023, tal e como se pode observar na seguinte táboa que recolle as disposicións do DOG para os cursos 2018-2019, 2019-2020, 2021-2022 e 2022-2023:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180730/AnuncioG0164-190718-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190729/AnuncioG0534-180719-0002_gl.html

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-260721-0001_gl.pdf

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-260722-0002_gl.pdf