O Club Ciclista Carballiño abre a inscrición da súa quinta Mini BTT

IES CHAMOSO LAMAS

Dende hoxe está aberto o prazo para participar na quinta edición da Mini BTT do Carballiño, organizada polo Club Ciclista Carballiño e que terá lugar o domingo día 28 de agosto, a partir das 10:00 horas.

As inscricións para os equipos e participantes federados e non federados poderán facerse a través da páxina da Federación Galega, a través dun formulario web, ata o próximo 24 de agosto. Haberá categorías para nenos entre os 6 e os 14 anos, benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil, masculino e feminino.

HIPER MASIDE

Esta será unha edición especial para o club xa que é o fin de ciclo para Marcos Rodríguez, principal promotor da volta á actividade. Tamén recupera o formato tradicional, sen restricións, con público, pulpeira, cantina e de novo no parque municipal.