A xerente do Inorde asiste á inauguración da segunda edición da Feira do Comercio organizada pola asociación Prolimia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Emma González indicou que o Inorde, co apoio da Deputación de Ourense,  puxo en marcha por primeira vez unha liña de axudas a asociacións de comerciantes da provincia, á que se presentou Prolimia con este certame no que se darán cita ao redor de 40 expositores

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta convocatoria enmárcase “nese papel cooperativo que nos marca a folla de ruta da xestión do goberno provincial, apoiando as propostas do sector e fomentando a súa vez o asociacionismo no noso territorio”, engadiu a xerente do Inorde

Xinzo de Limia, 26 de agosto de 2022.- A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe na inauguración da segunda edición da Feira do Comercio que organiza a asociación Prolimia do 26 ao 28 de agosto, no pavillón municipal de Xinzo de Limia, que nesta ocasión reunirá a preto de corenta expositores. Na inauguración tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde accidental de Xinzo, Armando Díaz; o concelleiro de Facenda e Promoción Económica de Xinzo, Manuel Pérez; a presidenta da asociación Prolimia, Concepción Conde; e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Belén Gómez.

O Inorde abriu este ano, por primeira vez, unha partida de 50.000 euros para cooperar coas asociacións de comerciantes da provincia de Ourense, grazas á transferencia de crédito da Deputación Provincial, convocatoria á que se presentou a Asociación Prolimia con este proxecto.

Esta convocatoria enmárcase “nese papel cooperativo que nos marca a folla de ruta da xestión do goberno provincial, apoiando as propostas do sector e fomentando a súa vez o asociacionismo no noso territorio”, dixo a xerente do Inorde. O obxectivo desta liña de axudas é “atender as necesidades que teñen as asociacións de comerciantes e axudarlles a realizar actividades que contribúan a reactivar o comercio de proximidade, que tan importante é na fixación de poboación do rural que se artella en torno a vilas coma esta”, engadiu Emma González.

Ademais, deste modo, “logramos fortalecer o propio asociacionismo como ferramenta para impulsar a cooperación, tanto público-privada, como a do sector entre si”, salientou a xerente do Inorde.

II Feira do Comercio Prolimia

A Feira do comercio local Prolimia ten como obxectivo activar e dinamizar as ventas na vila a finais de verano. Este ano ademais, pretende dar mostra do asociacionismo tendo no seu propio stand da feira, representadas todas as asociacións que estean vencelladas á Limia, como explicou a presidenta de Prolimia, Concepción Conde.

A programación comezou hoxe e inclúe degustación de produtos aportados polos negocios da comarca da Limia, obradoiro de barro, e bingo. O sábado continúan as actividades trala apertura da feira ás 10.00 horas cunha sesión vermú con disco móbil, ao igual que o domingo, ao que se suma ademais o obradoiro de barro, e o sorteo dunha viaxe.

Ademais, o programa complétase con obradoiros de macramé impartidos por Artesanía Rosa durante os tres días que dura a feira, con inchables para os máis cativos, cun torneo de minibasket Prolimia e con premios ao momento con “Descubre o Comercio”.