A Xunta de Galicia apoiará a creación de sete polígonos industriais en diferentes concellos das catro provincias mediante unha axuda de 1,68 millóns de euros. Contribuirán a “favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios”.
En concreto, para o do Carballiño, financiaranse unhas axudas por valor de 239.787 euros para a execución dunha obra de 351 metros cadrados de nave, no parque empresarial.
Segundo o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, será unha nave dividida en tres espazos, con sala de xuntas. A idea está dirixida a empresas en fase inicial, que queren ver como evoluciona o proxecto ata que poidan iniciar o traballo de xeito independiente.
O concello cobrará un prezo simbólico pola ocupación destes espazos, en exclusiva para facer fronte ó gasto corrente de mantemento da instalación, favorecendo o acceso a calquera empresa. Esta será unha aposta clave para favorecer o emprego e as novas oportunidades.