San Amaro acolleu a primeira fin de semana do Festival Céltico, que comparte co Irixo

Os concellos de O Irixo e San Amaro organizan en setembro a primeira edición do seu Festival Céltico, que contará cos concertos de referentes da música galega.

A primeira edición do Festival Céltico O Irixo – San Amaro arrancou este pasado fin de semana en San Amaro, cas actuacións de Leirabuco, Treixadura e Uxía Lambona e a banda molona, no campo da festa e tamén no espazo emblemático Castro de San Cibrán de Las.

AVANTAR ACTIVIDADES

A próxima fin de semana o festival trasládase ó Irixo, con estas mesmas actuacións, e ca pretensión de comezar un festival que perdure no tempo ca colaboración de ambos.