Programación do FETEGA: animación de rúa e teatro do auditorio

O Festival do Teatro Galego comezou unha semana chea de actividades. Dende as 11:00 horas da mañá, Barafunda saca á rúa as súas creacións de globos con animación, e tamén pola tarde, dende as 17:00 horas.

Esta noite foi a quenda de “O deus do pop”, de Diego Anido. E en canto á programación para mañá, Bandullo azul estará ás 18:00 horas na praza da Veracruz, e ás 20:00 horas no Auditorio Manuel María, a obra “Rapsofa” de Xerpo. Esta é a súa sinopse.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano contan ademais con varias novidades.
En canto á Insua dos Poetas, o venres día 9 de setembro presentarán “Mentres Dure a Canción” ás 22:30hs nesta paraxe e tamén a gala final, sempre que a climatoloxía non o impida.

O Fetega colaborará ca asociación ASPADISI ca proposta de aportar o 20% da taquilla e levar o seu nome e o logo naquelas actividades que desenvolvan para darlle visibilidade.