Centos de nenos e mozos voltaron hoxe ás aulas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, día 8 de setembro, foi o primeiro día da volta á rutina para centos de rapaces da nosa contorna. Unha volta ás aulas que se adiantou a outros anos en data, pero esperanzadora, xa que volven á normalidade, sen restricións.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá estivemos no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás, para amosarlles de primeira man a ledicia da volta ás aulas.

En infantil, retoman o curso escolar 166 nenos e nenas na comarca do Ribeiro. No caso do Carballiño, serán 345 nenos. En educación primaria, O Ribeiro conta con 421 matriculados, mentres na comarca do Arenteiro suman 973. Polo xeral, as cifras mantéñense, aínda que pensando en futuro todos concordan en que chave está no reforzo da planificación e da conciliación.

En canto á Educación Secundaria Obrigatoria tamén volveron hoxe ás aulas. O Carballiño conta con 557 mozos que cursarán a ESO e 209 de Bacharelato. Maside suma 78 na ESO  e San Cristovo de Cea 51 mozos. En Ribadavia, as cifras ascenden a 271 na ESO e 98 en Bacharelato.

En canto á matriculación, aínda está aberto o prazo de inscrición para os curso de Formación Profesional en varias das modalidades, facendo un chamamento a todos os que aínda están dubitativos, así como na ensinanza de adultos. Tamén está aberto o prazo de matrícula aínda para a Escola Oficial de Idiomas.