Gabriel Alén destaca o esforzo inversor da Xunta no ensino da provincia de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, José Luís Gavilanes, o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, coincidindo co inicio do curso escolar.

Gabriel Alén explicou que na provincia de Ourense o curso comeza cun forte investimento en obras, que neste momento ascende xa a 10,5M€. En concreto, están en marcha 18 grandes actuacións por 9,4M€ que se atopan en distintas fases en función dos prazos previstos: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación. Ademais, este verán lévanse a cabo outras 62 pequenas intervencións de menor envergadura por 1,1M€. Tamén avanzou que a Xunta ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos.

HIPER MASIDE

O delegado territorial sinalou que estas obras forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno autonómico, dotada con 191M€, para deseñar un modelo pioneiro de escolas poscovid que mellora o día a día de alumnos e profesorado, moderniza e adapta os edificios ás novas metodoloxías educativas e contribúe ao aforro enerxético.

O curso 2022/23 que  comeza hoxe para un total de 29.398 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato cun descenso xeneralizado da matrícula en todas as ensinanzas, agás na ESO e no Bacharelato, cun lixeiro incremento próximo ao 1%.

Posta en marcha de novos plans

O delegado territorial referiuse ás iniciativas en marcha como a Estratexia Educación Dixital 2030, os Polos Creativos, a Estratexia Galega de FP 2030, a Estratexia de Linguas Estranxeiras ou o Plan Lía (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares, todos eles aprobados ao longo do último ano con novas medidas e orientacións. 

Neste sentido, avanzou que a Xunta traballa para dar luz verde este outono a novos plans en ámbitos como a convivencia ou a inclusión, entre outros proxectos.

“Tras a pandemia, na que o sistema mostrou a súa fortaleza coa implicación de todas as persoas da comunidade escolar, cómpre avanzar e non conformarnos”, resumiu.

Datos de matrícula

En total, serán 194 os centros educativos que inician hoxe a súa actividade, dos que 160 son de titularidade pública. O resumo do alumnado que estuda neles é o seguinte:

ALUMNADO:

EtapasCurso 2022/23
Educación Infantil4.781
Educación Primaria12.326
Educación Especial111
ESO9.068
Bacharelato ordinario3.112
Total29.398

ALUMNADO POR CENTROS:

EtapasC. PúblicosC. Privados non ConcertadosC. Privados ConcertadosTOTAL
Educación Infantil3.279 1.5024.781
Educación Primaria8.206  4.12012.326
Educación Especial69  42111
ESO5.785145 3.1389.068
Bacharelato ordinario2496  6163.112
Total    29.398