O rock en galego volve a Allariz: Concerto de Exeria o sábado 17

O rock en galego volve a pisar as rúas da vila de Allariz, desta volta de man do grupo Exeria. A banda orixinaria de Ponteareas esta formada por membros de formacións como O caimán do Rio Tea, Circular, Cool Funeral, School e traen a súa musica repleta de influencias do rock dos 90 e o grunge aínda que tamén mostran nas súas cancións unha vertente mais acústica e melancólica. Ultimamente andan metidos no estudio a gravar as súas primeiras cancións, que formaran o primeiro sinxelo do grupo, temas que xa escoitaron nos seu primeiros concertos en Cangas, Baiona e Ponteareas e que gozaremos nesta primeira incursión pola provincia de Ourense.

O Roi Xordo acollera este evento continuando coa súa aposta firme pola musica en directo e a cultura en galego. Será o vindeiro Sábado 17 de Setembro as 00:00h na Praza dos mesóns.

AVANTAR ACTIVIDADES

GRUPO EXERIA

Formado por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge
e o rock dos 90´s (a música da sua infancia) Exeria formouse pouco
despois da pandemia que nos obrigou a deter calquera iniciativa musical.
As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de
pertenza a un lugar e un tempo concretos determina unha mirada e un xeito
de crear as súas cancións, formando asi o cauce polo discorre o seu
discurso estilístico.
Comeza unha nova andadura musical cargada de volume, unha nova banda
na que levamos xa un tempiño volcados. Non sabedes as ganas que temos
de compartir con vós o noso traballo.

Youtube – Teaser Un novo nome
https://www.instagram.com/os_exeria
https://www.facebook.com/exeria.banda