O concello de Ribadavia abre axudas de material escolar

Prazo do 19 de setembro ao 7 de outubro.

O Concello volve apostar polo formato do curso pasado que permitiu chegar a máis escolares.

AVANTAR ACTIVIDADES

A previsión é chegar a 59 nenos e nenas de Ribadavia.

O Concello de Ribadavia anuncia unha subvención para a compra de material escolar para nenos en educación infantil (3 a 6 anos) no presente curso. 
Brais Fidalgo,  portavoz do Concello, informa que neste ano 2022 o Concello continúa co formato novo instaurado no 2021 que permitiu chegar a un maior número de familias e nenos, así neste 2022 existen 59 nenos e nenas interesados, superando as cifras do 2021, onde o número de solicitudes foi de 31, superando con creces o promedio anual dos últimos dous anos que foi de só sete. 

Isto foi posible grazas a redución da renda esixida as familias, así como grazas á flexibilidade das bases que agora se adaptan ao material esixido polo profesorado.
O Concello basea o baremo nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos profesores/as de Educación Infantil para o curso 2021/22. 
Sufragase o 50 % do custe do material previsto para este curso para todo o alumando de infantil e o 100 % para aqueles que pertenzan a unha unidade familiar con poucos recursos.

Para Brais Fidalgo é importante destacar que no ciclo de Educación Infantil ningunha outra Administración dá axudas para material escolar, de aí a importancia desta axuda do Concello.