Xuntos por San Amaro pide maior transparencia e comunicación dende o concello

Despois de 6 meses sen convocar o Pleno Ordinario do concello do San Amaro, que por acordo da Corporación debera ter lugar o último xoves de cada trimestre, dende Xuntos por San Amaro aseguran que recibiron na mediodía do pasado xoves a convocatoria dun Pleno extraordinario. Critican que esta convocatoria non levaba consigo a documentación necesaria e que demorou en estar dispoñible nas dependencias municipais. Tamén aseguran que non se incluiu unha moción deste grupo sobre a transparencia e a transmisión da comunicación por parte do concello. Afirman que ven provocada polo feito ocorrido meses atrás cando recibiron un escrito da A VV de Eiras no que solicitaba unha xuntanza para trasladarlles as súas reivindicacións veciñais un mes despois de ser presentado no rexistro municipal. Ao afondar no tema, o grupo asegura que a agrupación tivo problemas para rexistrar esta petición.

Por outra parte, no pasado pleno de marzo, o grupo municipal de Xuntos por San Amaro sufriu a prohibición de gravar o Pleno, indicando o sr. Alcalde que “solicitase por escrito a intención de gravar previamente e que xa recibiriamos resposta”. Estas palabras supoñen -segundo a formación- unha sorte de censura previa da obtención da información por parte do alcalde e deste goberno.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante estes feitos, a formación decidiu presentar esta moción ante a posibilidade de que se estea ocultando información ao Grupo Municipal, ou dificultando a acción do Grupo e das entidades veciñais.