A Asociación do Camiño-Miñoto estuda publicitar a ruta e a gastronomía en Xantar

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Carballiño acolleu esta mañá unha asamblea ordinaria dos concellos membros da Asociación Camiño Miñoto-Ribeiro na que avanzaron as novidades en canto á obtención da declaración do Camiño Xacobeo, unha das súas prioridades.

Esta asociación está composta polos concellos de Arnoia, A Estrada, Beade, Beariz, Boborás, Boqueixón, Carballiño, Castrelo de Miño, Cortegada, Forcarei, Leiro, Padrenda, Pontedeva e Ribadavia, aínda que hoxe non estiveron na súa totalidade. O tránsito por esta vía está collendo cada vez máis auxe, en especial neste verán que remata.

HIPER MASIDE

Neste senso, dende a asociación pedirán a cada concello membro que documente nun dossier os datos de peregrinación detallados, que serán incorporados á investigación. A idea posta hoxe enriba da mesa debería estar a punto a finais de ano.

Tamén estudan a posibilidade de promocionar o camiño na próxima edición de Xantar en Expourense cun restaurante do Camiño Miñoto, con comida galico-potuguesa e con forme peso tamén dos viños.