A esta xuntanza foron invitadas a título individual nacionalistas e galeguistas do municipio que, aínda que a día de hoxe non militan no BNG, comparten o seu análise sobre a desastrosa xestión que está a facer o Grupo de Goberno do PP do concello de Maceda.
Tomouse, por unanimidade, a decisión de presentar unha candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio de 2023, na que se integrarían tanto militantes e simpatizantes do BNG como outras persoas nacionalistas ou galeguistas, co obxectivo de ter de novo en Maceda unha alcaldía nacionalista.
Aproveitouse tamén a xuntanza para elexir ós representantes da asemblea local no Consello comarcal do BNG, que serán Beatriz Cuenca e Pablo Seoane, e para esbozar o plan de traballo para o derradeiro trimestre do año.