Ribadavia amplía a súa oferta deportiva

O Concello suma dúas novas ofertas deportivas no Pavillón Municipal de Ribadavia.

Dende o 1 de Outubro os usuarios do Pavillón «O Consello» poderán inscribirse en dúas novas actividades:
CLASE DIRIXIDA CON SOPORTE MUSICAL ZUMBA, impartida pola monitora María Chousal, cun mínimo de 10 persoas.
Martes e Xoves de 9:30 a 10:30 horas, con posibilidade de solicitar outros horarios.
ADESTRAMENTO DE ALTA INTENSIDADE INICIACIÓN AO CROSS-F-TRAINING, co monitor Jesús P. Olmedo.
Venres de 20:00 a 21:00 horas e Sábados de 10:00 a 11:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Todas as persoas interesadas deben realizar a inscrición no servizo municipal de deportes (SMD). Ademais destas novas actividades, tamén continúan as actividades dirixidas de Spinning, Pilates, Actividade deportiva funcional, zumba e aerobic, e circuíto hiit.

O Concelleiro de Deportes, Enrique Rodríguez, manifesta a súa satisfacción pola boa acollida que inicialmente están recibindo estas novas actividades ofertadas. Neste sentido, no actual trimestre do ano estase notando unha recuperación do nivel de abonados do SMD tras a baixa  sufrida por culpa da COVID.

Enrique Rodríguez recorda que estamos a falar do Pavillón de Deportes referencial en toda a comarca do Ribeiro, e mesmo na provincia, que sen dúbida merece obter un maior apoio das Administracións como Xunta e Deputación para a mellora permanente dunha instalación que debera contar co mesmo apoio que reciben outros pavillóns con moitos menos usuarios que o de Ribadavia. Desde a Concellaría de Deportes continuarase a reivindicar unha mellor instalación, ao mesmo tempo que xa se está traballando en máis ampliacións de ofertas e actividades deportivas en Ribadavia das que se informara na vindeira semana.