O Club Ciclista Carballiño abre o prazo de inscrición para a súa escola

O pasado sábado o Club Ciclista Carballiño poñía fin á tempada de Mini BTT 2022 en Zamáns, nunha proba organizada polo club Ciclista Coruxo.  

Marcos Rodríguez asinaba un grandísimo 6° posto, pechando así unha tempada espectacular e poñendo fin a esta fermosísima etapa que foron as Mini BTT.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra banda, o club comezará o próximo día 1 de outubro, o próximo sábado, a andadura dun novo ano para a súa escola. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, e hai prazas limitadas. Todo o que queira solicitar máis información pode facelo en Sobre Rodas Carballiño, no correo electrónico cccarballino@gmail.com ou no teléfono 661 30 19 12.