Manuel Baltar reúnese co xurado da XXVII edición do Festival Internacional de Cine de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial cos membros do xurado de longametraxes da 27ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF), unha xuntanza na que participaron tamén o director artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, e o coordinador, Aurelio Gómez Villar. 

Manuel Baltar cualificou a reunión de “extremadamente satisfactoria”, resaltando o nivel dun xurado composto por “profesionais referenciais, que realzan todavía máis o nivel da edición máis ourensá do Festival Internacional de Cine de Ourense, o festival de Galicia e unha cita obrigada para o sector audiovisual galego”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o presidente do xurado, Alfonso Zarauza, destacou a importancia da “aposta da Deputación de Ourense pola produción audiovisual”, valorando a importancia de que sexan os creadores galegos os que narren Galicia. 

Xurado da Sección Oficial

>Alfonso Zarauza (presidente): Director, guionista e produtor de cinema. Iniciouse no mundo da curtametraxe a principios dos anos noventa e chegou a escribir e dirixir nesa década seis curtametraxes. No 2002 funda en Madrid xunto a Harold Sánchez a produtora madrileña Iroko Films coa que fan oito longas. No 2006 escribe o guion de “A noite que deixou de chover” polo que recibe un premio no LALIFF nos Angeles (EEUU). Ao ano seguinte se convíerte en película. Recibe o premio ao mellor director no festival de Viña do Mar (Chile) e os Mestre Mateo á mellor dirección, guión e película. No 2013 filma a súa terceira longametraxe, “Os fenómenos”, protagonizada por Lola Donas e Luís Tosar. Obtén seis premios entre eles o premio do xurado en Bruxelas. No 2015 dirixe a longametraxe documental “A viaxe dos Chévere”. En 2019 filma a súa quinta longametraxe, “Ons”, da que tamén é produtor e coa que recibe nove premios Mestre Mateo, entre eles mellor película. No 2021 estrea no OUFF a súa sexta longametraxe, titulada “Malencolía”, que dirixe e produce, e que recibiu execuo o premio Xacobeo.

>Frank Spano: Cineasta desde hai 25 anos na industria audiovisual internacional con 6 películas de longametraxe como guionista, produtor e director. Cun máster en Teatro Latinoamericano, máster en guión e dirección desenvolveu unha carreira como “showrunner” nos últimos sete anos. Dentro do seu filmografía destacada atópase: “Hora menos” (2011), “Hidden” (2016) ou “Humanpersons” (2018). Actualmente terminou o drama psicolóxico “Gauguin y el canal” (2022).

>Marta Villar: Graduada en Artes Aplicadas en Especialidade de Decoración na Escola Mestre Mateo de Santiago en 1981. Posgrao en arquitectura de interiores pola Universidade da Coruña 1993-1994. Exerceu a profesión como directora de arte en cinema e televisión desde 1986. Forma parte de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas e de Medios Audiovisuais) e da Academia Galega do Audiovisual. Foi Premio de Honra Fernando Rey 2017 á traxectoria profesional. Entre os seus traballos premiados destacan “A salgadura” ou “Entre Bateas”. 

>David Bonneville: Realizador e guionista portuense. A súa primeira longametraxe, “O Último Baño”, foi triplemente premiada pola Academia Portuguesa de Cinema (equivalente aos Goya). Bonneville é licenciado en son e imaxe e formado en realización. Concluíu a súa mestría en guión en Londres, onde traballou na BCC. Iniciou a súa carreira como asistente de Douglas Gordon e Manoel de Oliveira, e despois realizou diversas curtametraxes que se estrearon en festivais como Locarno, Guadalaxara ou SXSW, e obtiveron máis de 40 premios.

>Belén Macías: Belén Macías nace en Tarragona e cursa estudos superiores en Madrid. Obtén a Licenciatura de Ciencias da Información na Universidade Complutense e se diploma na Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD) na rama de interpretación. Traballa como guionista para diferentes series e programas de televisión. Dirixe teatro e publicidade. En televisión, como directora, traballa en series como “Un lugar en el mundo” ou “Hospital Central”. Actualmente grava “Madres, Amor y vida”, para Mediaset e Amazon. En cinema, dirixe as curtametraxes “El rompecabezas” y “Mala Espina”. A súa primeira longametraxe, “El patio de mi cárcel”, obtivo varios premios nacionais e internacionais e estivo nomeado a catro premios Goya. A súa segunda longametraxe “Marsella” producido por Tornasol obtivo dous nomeamentos aos premios Goya e diversos premios. Actualmente grava a súa terceira longametraxe, “Verano en rojo”.