Proposta do PP do Carballiño para a reducción dos impostos, taxas e prezos públicos municipais para o ano 2023.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os concellos, a hora de determinar os seus impostos propios, deben actuar con responsabilidade, tratando de facer as previsións correctas de recadación que permitan cubrir os gastos dos servizos públicos que ofertan.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os artigos 15 e 16 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais indican que as entidades locais deberán acordar a imposición e supresión dos seus tributos propios, e aprobar as correspondentes ordenanzas fiscais reguladoras destes, que deberán conter, polo menos a determinación do feito impoñible, suxeito pasivo, responsables, exencións, reducións e bonificacións, base impoñible e liquidable, tipo de gravame ou cota tributaria, período impositivo e pagamento.

Pero ao mesmo tempo todos os grupos políticos podemos estar de acordo en que o exercicio 2023 ven marcado por unhas circunstancias que o fan excepcional. De feito, a inflacción atópase hoxe nuns niveis inasumibles para moitas familias, sen que se vexa unha solución a curto prazo para esta situación.

Ao mesmo tempo, estas circunstancias excepcionais levaron a que o Congreso dos Diputados, a instancia do Goberno Central, decidiu manter a suspensión das regras fiscais, en liña coa recomendación da Comisión Europea, ante a crise desatada polo encarecemento de prezos derivados da invasión rusa de Ucraína.

Estas circunstancias deben levar tamén a reflexión por parte de todos os grupos municipais, a hora de fixar os impostos, taxas e prezos públicos para o ano 2023.

O noso grupo ven propondo, xa dende o ano 2019, unha reforma xeneralizada de toda a política fiscal do noso Concello, sen que ata o de agora se levase a cabo ningunha medida polo o Grupo de Goberno.

Para levar a cabo esta reforma fiscal, o Grupo Municipal do Partido Popular propuxo a reforma do IBI, baixando o tipo impositivo e tamén creando novas bonificacións para autónomos e pequenas empresas; a reforma do ICIO, a fin de non gravar as obras que se levasen a cabo por autónomos e pequenas empresas dentro da súa actividade; a reforma da ordenanza do lixo, adaptando as tarifas a nova realidade da nosa vila; e xa o ano 2021 opuxémonos con toda rotundidade a elevación das taxas municipais en función da inflacción, que nese momento era do 2,7%, cantidade que hoxe nos parece case ridícula.

A día de hoxe aínda e posible levar a cabo unha reforma dos impostos e taxas municipais que, mais alá de pensar exclusivamente nas necesidades financeiras do Concello pense na veciñanza, e como se pode colaborar desde o Concello a paliar a situación que se espera para o ano 2023.

Sempre desde a responsabilidade e a prudencia que debe ter un concello, creemos que e posible a redución dos ingresos públicos, sen que por elo sufran os servizos municipais. Basta ver que nos dos últimos exercicios o Grupo de Goberno practicamente gastou a totalidade do remanente do Concello, e a pesar de elo o Alcalde xa está a falar de que neste ano o superavit será de 600 ou 700 euros. En definitiva, o concello ten capacidade económica para estudar unha rebaixa dos impostos (principalmente o IBI e o ICIO, pero sen descartar a rebaixa do imposto de vehículos de tracción mecánica ou incluso da plusvalía), e desde logo para rebaixar de forma xeneralizada todas as taxas e prezos públicos, ou a lo menos, non subilas, como se quixo facer o ano pasado.

Nos pretendemos tampouco que estas baixadas xenerais se manteñan no tempo indefinidamente, senón que permanezan mentres a situación económica actual sexa a actual, e as regras fiscais continúen suspendidas. Unha vez a economía española se recupere, entendemos que o concello do Carballiño deberá levar a cabo unha análise completo da súa política fiscal, adaptándoa as novas circunstancias, pero neste momento deberíanse tomar decisións que traten de reducir as consecuencias da inflación para os nosos veciños.

É Polo que dende o PP do Carballiño pedimos que por parte do departamento correspondente se estude a posibilidade de implantar bonificacións e reducións nos tipos de gravame dos impostos municipais actualmente vixentes.

Así como polo mesmo departamento se estude tamén posibles reducións ou supresións das taxas e prezos públicos vixentes.

E por último que se modifiquen as ordenanzas para poder aplicar estas rebaixas, aínda que solo fose para o ano 2023, ou para o tempo en que sigan suspendidas as regras fiscais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------