Esta fin de semana celebrouse unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós”, inaugurando unha placa conmemorativa

O pasado sábado celebrouse unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós (1926-2022)”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños. 

O punto de partida escollido para este ano situouse no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Minutos antes do inicio da ruta, descubriuse neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”. 

Os participantes na andaina, un nutrido grupo, fixeron un percorrido que pasou por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas. 

X na Insua tuvo lugar un magnífico recital do xove poeta Alexandre Corbillón, natural de Piñeiro, Celanova.

Xa ten un libro de poemas publicado, Cristal. E acaba de estar en Islandia con unha das bolsas para residencias literarias que patrocina a DepOU para xoves escritoras e escritores ourensás.

Foi a primeira vez que recitou no Carballiño