O IES Chamoso Lamas celebra o II Encontro de Emprendedores

O IES Manuel Chamoso Lamas celebrou hoxe a II Xornada de Emprendedores no salón de actos do centro.
O obxectivo destas xornadas  é dar a coñecer ao alumnado os recursos que teñen para poder emprender o seu propio negocio e ter de primeira man a experiencia de varios emprendedores que no seu día se lanzaron co seu proxecto propio, como a Cooperativa Loureiro, Prexy Automoción, Robingal ou Máis Escola e a Asociación de Jóvenes Empresarios.

O encargado de inaugurar o acto foi o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen destacou ademais as oportunidades que se abren co novo viveiro de empresas que se vai a empezar a construír nos próximos días e co novo polígono industrial que será unha realidade nos vindeiros anos.

AVANTAR ACTIVIDADES