Espazo Común critica o uso do pavillón por parte do PP

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN

O PP ocupa o pavillón do Carballiño para a súa romaría e obriga a aprazar ou anular adestramentos e partidos xa programados

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Resulta inaceptable a soberbia coa que este partido actúa dende que goberna grazas ao PSOE comportándose coma se todo fora da súa propiedade.

                                                                          O Carballiño, a 8 de maio de 2025

Levamos semanas escoitando falar da romaría que está a organizar o Partido Popular de Ourense para esta sábado 9 de maio no Carballiño.

Supoñemos que a celebran aquí para conmemorar que xa levan meses ostentando a alcaldía grazas á colaboración dun caso claro de transfuguismo no PSOE.

O caso é que, nun principio, este evento estaba planificado para ser no Parque Municipal, un dos escenarios onde mellor se pode apreciar esa soberbia dos concelleiros populares que fan e desfan ao seu capricho sen consensuar nada.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Debido ás inclemencias meteorolóxicas, os dirixentes do PP acordaron buscar un lugar onde acubillarse da choiva e non tiveron mellor idea que ocupar, en sábado, as instalacións do Pavillón Municipal.

Esto obrigou a modificar ou anular toda a planificación da instalación deportiva prevista para esta fin de semana. Adestramentos do venres anulados para reubicar partidos e outros partidos cambiados para o domingo.

Non foron poucos os pais e nais de nenos afectados que nos trasladaron a súa indignación pois todo esto foi perpetrado en 48 horas cando os partidos, por mandato federativo, xa estaban axendados dende o pasado martes.

Pedirlle ao PP respecto pola democracia e polos veciños do Carballiño é tempo perdido visto o acontecido nestes últimos meses pero dende Espazo Común, demandamos que non se perxudique máis aos, xa castigados, deportistas locais e menos en beneficio das súas siglas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------