O concello de Ribadavia cambia a súa carpintería exterior

As obras de substitución da Carpintería da Casa do Concello de Ribadavia xa están en marcha. Trátase dun proxecto de creación, mellora e ampliación de servicios básicos locais que consistirá na mellora da eficiencia enerxética grazas á colaboración da Xunta, dentro do Fondo de Compensación Ambiental. As obras consistirán no cambio de ventás de todo o edificio, facilitando un aforro enerxético ó garantir que se manteña o calor no inverno e que impida a entrada del no verán. Nestes momentos, varias salas do concello están inoperativas a causa das obras.

Publicidade