Nota de prensa de Compromiso por Galicia: Punxin: “posible operación especulativa coa fundación Benigno Quiroga”

*Se valora para liquidación de solar y edificio en 400.000 euros, lo que debería ser un valor real mínimo de 1.000.000.

*Eladio Fernández, Concelleiro de CxG, presentou onte un Recurso de Reposición

AVANTAR ACTIVIDADES

 Eladio Fernandez, como veciño e  concelleiro de Compromiso en Punxín, presentou onte un RECURSO DE REPOSICIÓN porque son moitas coincidencias as que veñen a facerme pensar que tras a decisión da petición da extinción da “Fundación Benigno Quiroga de Punxín” pode haber interese especulativos de carácter económico, tendo en conta

As chamadas nos últimos días desde distintos niveis da administración autonómica e local para convencerme da inutilidade do recurso de reposición.

A calada por resposta no Pleno Extraordinario do Equipo de Goberno sobre o asunto que deu motivo ao pleno.

A opacidade con que se levou o asunto por o Padroado (goberno municipal), sen informar en ningún momento a Corporación.

A documentación presentada para pedir a extinción, que falla a verdade en tódalas causas xustificativas que expoñen.

A falla formal  de un acta legal onde se recolla o acordo de extinción, debidamente firmado, querendo ocultalo con un certificación de fecha de 9 de marzo 2020, catro días antes do inicio do estado de alarma.

A exclusión en votación de Pleno de un representante da oposición no Padroado, que solo se lle permite entrada o goberno municipal, que a póster foi o artífice da petición de extinción.

A baixísima valoración no documento de liquidación presentado, como mínimo 1/3 do valor real. Se valora o patrimonio de edificio e finca en menos  de 400.000 euros, cando como mínimo debería pasar de 1.500.000 euros.

 Sendo  a forma eo o fondo tan dubidosos, o que nos leva a pensar que poden estar detrás motivos especulativos, en contra dos intereses do pobo de Punxín.