Continúan as actividades da XVII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que nesta fin de semana contará con dúas representacións.
O sábado, 12 a Aula de Teatro da Universidade de Vigo – Campus de Vigo presentará SOÑO DUNHA NOITE E VERÁN de William Shakespeare, para escenificar as aventuras de Oberón e Titania, de Teseo e Hipólita, e de Herminia e Lisandro, nunha noite máxica de ensoñacións e sorpresas. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, conta coa colaboración de Teatro de Ningures para a escenografía. Ten unha duración de 85 minutos e está dirixida a tódolos públicos.

O domingo, 13 serán os actores de C. C.Ollomao de Barreiros (Lugo) co drama O TRABALLO DE ANDREA os que virán representar a tarefa de Andrea, unha moza que está a facer unha tese de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. O texto é de Ignasi García Barba e está dirixida por Ramón Casas Oroza. Ten unha duración de 90 minutos e recoméndase preferentemente para público adulto.
Ambas representación comezarán ás oito da tarde no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















