No Ribeiro, a situación hoxe é moi variada. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 26 casos activos, cinco casos menos ca onte. Avión mantén a mesma cifra ca onte, 26 casos activos.
Leiro mantén 7 casos activos, igual ca Carballeda de Avia. Arnoia baixa un caso ata os catro positivos. Cenlle sobe un caso ata os tres contaxios e Cortegada e Beade manteñen dous casos cada un.
Castrelo de Miño é o único libre de covid.
Todos os concellos das dúas comarcas, salvo Ribadavia e Carballiño, están en nivel medio-baixo polo de agora.