O Carballiño, 11 de setembro de 2024.- Máis dunha vintena de conferencias, ponencias e comunicacións, ademais doutras iniciativas, serán presentadas no XIII CONGRESO DO CENTRO DE ESTUDIOS CHAMOSO LAMAS, que se desenvolverá co título de “HISTORIA, ARTE E ARQUITECTURA RELIXIOSA NAS COMARCAS DO CARBALLIÑO E O RIBEIRO” o 4,5 e 6 de outubrona Casa da Cultura do Carballiño, na Casa da Bexanca-Cabanelas e no Pazo Tizón-Moldes.
Nesta edición desta cita bianual do colectivo investigador carballiñés préstase unha atención especial á efeméride do cento cincuenta aniversario do nacemento de Antonio Palacios cunha conferencia do catedrático emérito de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Politécnica de Madrid José Fariña Tojo, fillo de Xosé Fariña Jamardo, que falará sobre “Antonio Palacios, más que un arquitecto”; coa presentación do “Poxecto Atlas Palacios 2024-2026” por José Manuel Mouriño; cunha “Homenaxe póstuma a Rafael Jorreto Cifré, aparellador da construcción do templo da Veracruz”; coa proxección do documental “O Andar da Pedra”, realizado polo departamento de audiovisuais do IES Chamoso Lamas, e cunha visita guiada a Mondariz para coñecer “A pegada arquitectónica de Antonio Palacios na vila termal de Mondaríz”.
Na xornada de clausura tamén destaca a conferencia do catedrático de Botánica e vicerrector do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo, que falará sobre “Novas estratexias para a optimización e o desenvolvemento sostible da colleita en viticultura”, así como unha homenaxe a Xosé Manuel Cid, exdecano da Facultade de Educación e Traballo Social no campus de Ourense, polo seu apoio aos congresos do Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Arqueoloxía, historia, arte, arquitectura, urbanismo, educación, etnografía, meteoroloxía, botánica e incluso gastronomía son algunhas das materias dos traballos de investigación que se presentan neste congreso e que permitirán coñecer moitos aspectos relevantes do patrimonio cultural do Carballiño e O Ribeiro, e que serán recollidos nunha próxima publicación do centro de estudios.
Como actividade complementaria do congreso destaca a exposición fotográfica “O Carballiño no obxectivo de Chamoso Lamas”, realizada en colaboración co IES Chamoso Lamas, que se poderá visitar na sala de exposición do Auditorio Municipal Manuel María nas dúas últimas semanas deste mes de setembro.
As inscricións para o congreso, que son gratuitas, poden realizarse a través da nova páxina web do centro de estudios (https://centroestudioschamosolamas.com/wp-admin/) na sección CONGRESO. O prazo de inscrición rematará o luns 30 de setembro.
P R O G R A M A
VENRES, 4
CASA DA CULTURA DO CARBALLIÑO
10,30 h. Recepción e entrega de material.
10.45 h. Acto de Apertura.
11,00 h. Proxección do documental “O andar da Pedra”, sobre a historia do Templo da Veracruz. Autoría: Departamento de audiovisuais do IES Chamoso Lamas. Presenta: Ricardo Paz.
11,30 h. “Fondas e tabernas rurais, centros de difusión e animación patrimonial. Rexistro e localización no entorno de Froufe e Espiñeira (O Irixo)”. Autoría: Alicia González Barreiro.
12,15 h. “Os palcos da música na comarca do Carballiño: tipoloxía, funcións, conservación, integración”. Autoría: Esteban Decabo.
13, 00 h. “Os seres vivos e as variacións climáticas”. Autoría:
Miguel García.
13,45 h. Remate da xornada matinal.
16,00 h. Percorrido pola Exposición fotográfica “O Carballiño e O Ribeiro no obxectivo de Chamoso Lamas”. Sala de exposicións do Auditorio Municipal Manuel María.
17,00 h. “Escultura castrexa na provincia de Ourense”. Autoría:
Manuel Valdeiras.
17,45 h. “Diego Gómez de Deza e o viño de Cabanelas: a fundación da capela funeraria de Santa Ana no mosteiro de San Pedro de Ansemil”. Autoría: Victor Rodríguez Muñiz.
18,30 h. “A danza de Xuvencos e Festa das Mudacións: Un exemplo da relixiosidade inmaterial”. Autoría: Xosé Luis Sobrado.
19,15 h. Homenaxe póstuma a Rafael Jorreto Cifré, aparellador da construcción do templo da Veracruz.
19,45 h. Descanso.
20,00 h. CONFERENCIA: “Antonio Palacios, más que un arquitecto”. Autoría: José Fariña Tojo. Catedrático emérito da Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Politécnica de Madrid.
21,30 h. Remate da primeira xornada.
SÁBADO, 5
CASA DA BEXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO
EXCURSIÓN A MONDARIZ-BALNEARIO. “A pegada
arquitectónica de Antonio Palacios en Mondaríz”. Visita guiada.
09,00 h. Saída en autobús dende a Avda. Evaristo Vaamonde do Carballiño.
10,00 h. Percorrido pola obra de Antonio Palacios en Mondariz.
11,30 h. Regreso á Casa da Bexanca-Cabanelas, onde continúa o congreso.
12,30 h. “O mapa do radón de Maside”. Autoría: Óscar González Fernández.
13,15 h. “A voz singular do cemiterio de Sta. María do Campo (O Irixo) e a súa parroquia”. Autoría: Juan José Álvarez González e José Fernández Fernández.
14,00 h. Remate da xornada matinal.
16,30 h. “Un exemplar do ciclo Ensenada no Museo Etnolóxico. Ribadavia”. Autoría: Eva Mª Tobal.
17,15 h. “El castillo de Castro Cabadoso: nuevas aportaciones”.
Autoría: Juan Ignacio García.
18,00 h. “A arqueoloxía e a relixión”. Autoría: José María Eguileta Franco.
18,45 h. “A relixiosidade popular. As cerimonias relixiosas nas nosas parroquias”. Autoría: Ana María Gordín Velero.
19,30 h. “ Vila Romana de Coto dos Mouros (Carballeda de Avia,
Ourense). Autoría: Jorge Lamas Bértolo.
20,15 h. Remate da segunda xornada.
DOMINGO, 6
CASA DE BAXANCA-CABANELAS-O CARBALLIÑO
10,30 h. “A xurisdición da Encomenda de Pazos de Arenteiro no século XVI”. Autoría: Victor Rodríguez Muñiz e Ana María Gordín.
11,15 h. PRESENTACIÓN do Proxecto ATLAS PALACIOS 2024-
2026. Autoría: José Manuel Mouriño. Investigador e documentalista.
12,00 h. “José Vázquez Senra, un innovador pedagóxico, da “Escuela activa”, autor dun método pioneiro de escritura- lectura en 1934”. Autoría: Alba Vázquez Paz.
13,00 h. “Sagra: a parroquia de San Martiño de Sagra. Historia, relixiosidade, arte”. Autoría: Juan J. Docampo.
13,45 h. Remate da xornada matinal.
ADEGA PAZO TIZÓN-MOLDES-BOBORÁS
16,00 h. “Bernardo Pereira Valeiras Arrieiro da Raiña”. Autoría:
Carlos Montes.
17,00 h. “Herencia gastronómica de los monasterios de O Carballiño y O Ribeiro. Inventario de la repostería de la zona desde los ingredientes, las recetas y las prácticas de consumo”. Autoría: Carla Di Simone.
17,45 h. “ O viño da vida e da morte: o final do camiño no Ribeiro do Avia na Idade Moderna”. Autoría: Juan Manuel Rodríguez Rodríguez.
18,15 h. “O Ribeiro. Unha viticultura no Camiño de Santiago”.
Autoría: César Fernández Portal.
19,00 h. CONFERENCIA: “Novas estratexias para a optimización e o desenvolvemento sostible da colleita en viticultura”. Autoría: Javier Rodríguez Rajo.
20,00 h. Homenaxe a Xosé Manuel Cid, exdecano da Facultade de Educación e Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
20,30 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.
21,00 h. Remate do congreso.