A CEO promove unha exhibición de empresas da economía social

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A II Feira do Cooperativismo e Economía Social desenvolveuse en formato virtual

Preto de medio centenar de participantes asistiron á II Feira do Cooperativismo e Economía Social, organizada pola Confederación Empresarial de Ourense este ano en formato virtual debido ás restricións da pandemia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

10 empresas de toda Galicia mostraron virtualmente os seus produtos e servizos na II Feira do Cooperativismo e Economía Social, encontro que ten vocación de continuidade desde a súa primeira edición presencial o ano pasado en Ourense.

Tanto Marisol Nóvoa, representando á Confederación Empresarial de Ourense ( CEO), como Covadonga Toca por parte da Xunta, destacaron na súa benvida a necesidade de realizar eventos deste tipo para fomentar o emprendemento en economía social e dar a coñecer exemplos neste ámbito. A presidenta da CEO fixo referencia ao valor engadido de factores como ‘a sustentabilidade, a aposta polo produto galego, a ecoloxía ou a contorna rural que sobresaen nas empresas participantes deste evento dixital’; e agradeceu aos expositores ‘o exemplo que dais axudando tamén a que outras persoas anímense a emprender e desenvolver as súas ideas, un terreo que sempre defendemos e apoiamos desde a Confederación Empresarial de Ourense’