O BNG logra no pleno a reforma da Praza de Sadurnín, en Cenlle

O BNG de Cenlle ven de sacar adiante unha proposta no pleno municipal para a reforma e acondicionamento da Praza de Sadurnín. Aseguran que a pesar diso, a tónica habitual é que o grupo de goberno deixe apartados eses compromisos adquiridos, retrasar a súa execución o máximo posíble e despois presentalos como iniciativas propias.

O BNG levará unha iniciativa para acabar co verquido de augas residuais nos montes comunais e dos nosos veciños e loitará por que no pleno sexa aprobada. Aseguran que o goberno acaba por atribuírse méritos a iniciativas ás que se opón ou nas que non se implica, gobernando a través do traballo da oposición.